viernes, 12 de noviembre de 2010

CONCURSO DE ROBÓTICA

    O mércores 10 de Novembro o alumnado de 5º e 6º do colexio participamos nun obradoiro/councurso de robótica, ao que xa asistimos o ano pasado en Santiago.
    Primeiro fixéronnos unha presentación onde nos mostraron as partes do robot: a memoria, os sensores ( de luz, son, ultrasóns e contacto). Tamén nos mostraron o programa de ordenador, que mediante unha linguaxe específica se lle daban ordes ao robot.
    A continuación fixemos grupos de tres e catro compoñentes, cada grupo dispoñía dun ordenador e dun robot. A proba consistía en superar once desafios graduados de menor a maior dificultade: Que parara nunha liña negra, que comezase a andar cunha palmada... Pero logo sempre engadían cousas novas e descoñecidas que nos facían pensar moito para solucionalo.


    Ao final, pese aos problemas propios da tecnoloxía, pasámolo xenial.
Esperamos que algún dos grupos que participamos levemos algún premio para o colexio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario